spacer
Mesos (San Salvador)

Localízase ao noroeste do concello, lindando con Ordes no seu extremo occidental. Dentro do termo municipal fai o propio coas parroquias de Abellá ao norte, Papucín ao leste, Frades ao sueste e Galegos ao sur. As cotas máis altas témolas ao nordés, na vertente sudoeste do Monte de Tourí (432 m) e as máis baixas nas faldras do Monte de Lamas (347 m), nas proximidades da ribeira do rego de Marís e rego Vermello, que augas abaixo verte as súas augas ao río Samo.

Ten unha superficie de 4,91 Km2, que en porcentaxe supón o 6,0%, encontrándose incluída dentro das parroquias máis pequenas, solo maior que Céltigos (2,79 Km2), Gafoi (4,26 Km2) e Aiazo (Km2), achegando solo a metade que parroquias como Abellá (10,93 Km2) ou Papucín (10,87 Km2), que son as que máis o fan. É con 6 núcleos a parroquia que menos achega ao conxunto, moi afastada dos 25 de Abellá. Estes repártense de xeito heteroxéneo ao longo da parroquia, sendo a franxa central que percorre a parroquia segundo orientación nordés-sudoeste, a zona preferente, facéndoo ao longo das pistas de concentración, que son as principais vías de comunicación, sobre todo a que vai dende a AC-224, ao nordés do concello ata a DP-3802, ao sudoeste, no núcleo de Vista Alegre, na parroquia de Galegos. Unha excepción é o núcleo de A Gándara, máis próximo da parroquia de Abellá, coa que chega mesmo a compartir núcleo.

Tanto a orografía do terreo como o asentamento dos núcleos, condicionaron os usos do chan, onde as franxas de praderías se localizan nas inmediacións dos núcleos, estendéndose cara á parroquia de Abellá, ao oeste. Enchendo esa primeira franxa, pequenas extensións de arboredo, sendo o cultivo predominante na zona este, a matogueira, que chega a ocupar 176,40 Ha, un terzo do total da parroquia.

No referente á poboación, e tomando como dato de partida o conxunto do concello, é a que menos achega. Esta repártese de forma homoxénea entre os núcleos, salvo o caso de A Gándara, que a vai afectado pola súa proximidade á parroquia de Abellá, sempre seguindo os datos obtidos do Instituto Galego de Estatística, que solo recoñece catro entidades de poboación (Caboladrón, Os Canedos, A Figueira e A Gándara), cando nun posterior traballo de campo se recolleron 6.

A tipoloxía de núcleo é a concentrada tradicional con predominio da casa rural de pedra, rodeada de numerosos anexos, que foise ampliando ao longo das pistas de comunicación coa aparición de vivendas modernas nos arredores ou nalgúns casos estas desprazaron as tradicionais, que se converteron en meros alpendres. Dentro destes non existe dependencia dos uns respecto aos outros, sendo o máis destacable o de Os Canedos, xa que aquí se atopan tanto a Igrexa parroquial e o cemiterio, como o campo de festa. En segundo lugar poderiamos citar o núcleo de A Panica, xa que aquí atopamos un local social e un campo de fútbol nas súas inmediacións, sendo o alcance da súa importancia, en ambos os dous casos, o parroquial.

Aldeas: Caboladrón, Os Canedos, O Carballal, A Figueira, A Gándara, A Panica

Que ver

Máis Información

  • 491 Hectáreas
  • 79