CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DO Concello de Frades

frades.gal

Concello de Frades (EN ADIANTE O PROPIETARIO), con domicilio para efectos de notificacións en Cimadevila s/n, Frades, A Coruña, 15686, con NIF P1503900A, pon á disposición no seu sitio web frades.gal determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. 

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web do PROPIETARIO por parte dos USUARIOS e USUARIAS que accedan a este. As presentes condicións xerais  expóñenselle ao/á USUARIO/A no sitio web frades.gal en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet e se atope plenamente informado/a.

O acceso ao sitio web do PROPIETARIO implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o/a USUARIO/A  afirma comprender na súa totalidade. O/A USUARIO/A comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen nel para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.- A utilización do sitio web do PROPIETARIO non supón a obrigatoriedade de inscrición do/a USUARIO/A. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o/a USUARIO/A a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros/as: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente O PROPIETARIO prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través del por outro medio calquera tipo de dano aos sistemas do PROPIETARIO ou a terceiros/as.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.- O PROPIETARIO poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais (ver cláusula quinta).

SEGUNDA.- CONTIDOS.-Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- O PROPIETARIO, utilizando fontes internas e externas, de tal modo que O PROPIETARIO unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. O PROPIETARIO non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento dos enlaces a sitios web de terceiros/as que figuren en frades.gal. Ademais, a través do sitio web do PROPIETARIO póñense á disposición do/a usuario/a servizos gratuítos e de pago ofrecidos por terceiros/as alleos/as e que se rexerán polas condicións particulares de cada un/unha deles/as. O PROPIETARIO non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros/as e queda expresamente exento de todo tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE.-

3.1.- O PROPIETARIO en ningún caso será responsable de:

3.1.1.- Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.

3.1.2.- A produción de calquera tipo de dano que os/as USUARIOS/AS ou terceiros/as puidesen ocasionar no sitio web.

3.1.3.- A fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros/as no sitio web, ben directamente, ben a través de enlaces ou ligazóns. Así mesmo, o Concello de Frades colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento no que teña coñecemento irrefutable de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

3.2.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata a aseguranza da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. Así mesmo, O PROPIETARIO colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento no que teña coñecemento irrefutable de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

CUARTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.- O sitio web do PROPIETARIO - Os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso do PROPIETARIO. Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios e usuarias a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade do/a usuario/a que afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ao PROPIETARIO.

QUINTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE.- As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Frades, renunciando expresamente o/a USUARIO/A a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

SEXTA.-No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O PROPIETARIO poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia a estes salvo recoñecemento expreso por parte do PROPIETARIO.