spacer
Alcaldía

Estimados veciños e veciñas: 


É para min un pracer darvos a benvida a esta nova páxina web, que nace con tres obxectivos principais:

En primeiro lugar, ser un punto de encontro e información para todos os veciños e veciñas de Frades sobre o día a día do noso municipio. O noso compromiso é achegarvos con rapidez e rigorosidade toda a información que precisedes para estar ao día do que ocorre en Frades en materia social, cultural e deportiva. Igualmente, e sempre co obxectivo de acadar a maior transparencia posible, poderedes coñecer de primeira man a documentación oficial da xestión administrativa do Goberno que presido: contratacións, adxudicacións, convenios, orzamentos...

En segundo lugar, queremos que poidades facer gran parte das xestións administrativas comodamente dende as vosas casas, dende apuntarvos nunha actividade cultural ou deportiva ata conseguir un certificado de empadroamento ou solicitar unha licenza. A través desta web poderedes descargar os impresos e realizar gran parte das xestións, sabendo que sempre estaremos á vosa disposición na Casa do Concello para o que precisedes.


E en terceiro lugar, queremos que esta páxina sexa unha porta aberta a todos aqueles que queirades coñecer a nosa historia, cultura, parroquias, aldeas, natureza... Porque estamos convencidos de que Frades é un lugar de natureza privilexiada, cun rico patrimonio cultural e habitado por xentes de carácter aberto e xeneroso que estarás encantado/a de coñecer.


Sen máis, convídovos a coñecer esta nova web, que agardo que vos sexa de utilidade e que atopedes con facilidade o que busquedes.

Benvidos/as.


Roberto Rey Martínez
Alcalde de Frades