Urbanismo
A mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Frades é un aspecto importante para o Concello, intentado por medio do urbanismo, facer un territorio máis habitable e logrando a integración do territorio, a paisaxe e os espazos naturais. 
Apóstase por un planeamento xeral de ordene o crecemento adaptado ás necesidades actuais, a calidade urbanística, a sustentabilidade e a axilización na tramitación dos expedientes.
O obxectivo é configurar o exemplo de convivencia entre o medio natural e os inmobles. Coa organización do territorio determínase onde se pode construír, plantar, etc...
Funcións
- Información e asesoramento ós particulares en temas relacionados co urbanismo.
 - Tramitación de licencias e comunicacións previas.
 - Execución de proxectos de obras (conservación e mantemento de pistas, melloras no alumeado público, redes de abastecemento de auga, redes de saneamento, melloras nos edificios públicos municipais, etc...).
 - Expedientes de restauración da legalidade e expedientes sancionadores.
 - Asesoramento e elaboración de memorias para solicitude de subvencións.
 - Emisión de certificacións urbanísticas.
 
Actuacións máis importatntes nesta área
- Tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
 - Conservación de pistas municipais en todas as parroquias do Concello.
 - Construción de nova Estación Depuradora de Augas Residuais.
 - Ampliación da rede de abastecemento de auga potable nalgunhas parroquias.