O programa de teleasistencia domiciliaria ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, todos os días do ano, proporcionándolles seguridade e tranquilidade aos seus usuarios/as.

As persoas destinatarias do servizo de teleasistencia domiciliaria son persoas maiores de 65 anos, non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.

O funcionamento deste sistema consiste no contacto permanente das persoas usuarias cunha central de atención. Ditas persoas dispoñen dun terminal conectado á súa rede telefónica, que se acciona con só premer o botón da pulseira ou medallón que deben levar sempre consigo.