spacer
A directora de Administración Local visita as melloras realizadas no centro de saúde e na contorna da praza de Ponte Carreira

O Concello de Frades vén de dar un novo paso na posta en valor do seu patrimonio cultural, natural e histórico a través do proxecto Camiño Sénior, impulsado por FEGAUS, en colaboración coa Asociación Canal Sénior, no marco do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Unha proposta que combina tradición, participación cidadá e novas tecnoloxías para preservar, por en valor e difundir o patrimonio material e inmaterial dos municipios galegos vinculados ao Camiño de Santiago.

A xornada comezou coa actividade "Pegada Verde no Camiño", desenvolvida en colaboración coa Asociación Galicia Ambiental, que puxo o foco na importancia de protexer a contorna natural, fomentar hábitos sostibles e concienciar sobre a responsabilidade compartida na conservación do patrimonio ambiental dos nosos concellos. 

Tras esta sesión, os asistentes puideron coñecer de primeira man os obxectivos e as accións desenvolvidas no marco de Camiño Sénior a través das intervencións do presidente da Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS), Alejandro Otero, e da delegada territorial de Canal Sénior en Galicia, Yasmina López, que destacaron a importancia de implicar ás persoas maiores na recuperación e transmisión da memoria oral, así como o potencial da tecnoloxía para achegar o patrimonio local a novos públicos.

Una xanela á cultura de Frades

O encontro culminou coa instalación dunha placa con código QR na praza pública de Ponte Carreira, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Frades,  Roberto Rey Martínez; o concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra; o presidente de FEGAUS, Alejandro Otero; e a delegada territorial de Canal Sénior, Yasmina López; canda a veciñanza do municipio, que quixo participar neste novo fito para a divulgación do patrimonio local.

A placa dá acceso de maneira gratuíta a diferentes recursos dixitais sobre a historia, as tradicións e os lugares de interese de Frades e Mesía. Trátase dunha proposta de contidos compartidos entre ambos concellos, que permite descubrir a súa riqueza cultural e natural dunha maneira diferente. 


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Frades, na que estivo acompañada polo alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros de Sanidade, Manuel Ferreiro, e Cultura, Juan Carlos Portos. No marco desta visita, Prieto coñeceu dúas actuacións levadas a cabo no núcleo de Ponte Carreira: tanto as melloras viarias realizadas na contorna da praza (ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público) como as de eficiencia enerxética do centro de saúde (a través da Orde de subvencións para actuacións deste tipo cofinanciadas con fondos europeos).

A Orde de infraestruturas de uso público permite aos concellos de menos de 30.000 habitantes crear e mellorar infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. A estes mesmos municipios e nestas mesmas instalacións tamén vai dirixida a Orde de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética para contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático.

Mellora viaria

Así, o Concello de Frades investiu case 45.000 euros na mellora de viarios na contorna da praza de Ponte Carreira. As obras consistiron na mellora da capa de rodaxe dos viarios que rodean a praza pública de Ponte Carreira cun aglomerado de 3 centímetros, previo bacheo da zona. A maiores, construíronse dúas beirarrúas de formigón coloreado, de 70 e 110 metros cadrados de superficie, baixo as que se canalizou a recollida de augas pluviais mediante a correspondente tubaxe, arquetas sumidoiro e pozos de rexistro. Estas novas beirarrúas dan continuidade a outras xa existentes e permiten a conexión da praza coa travesía de Ponte Carreira, á altura do Supermercado Claudio, e sobre todo a conexión da praza co centro sociocomunitario de Frades.

A directora de Administración Local visita as melloras realizadas no centro de saúde e na contorna da praza de Ponte Carreira

Centro de saúde

No caso do centro de saúde de Ponte Carreira, o Concello de Frades e a Xunta de Galicia investiron máis de 150.000 euros nunhas obras de eficiencia enerxética que incluíron a incorporación dun sistema de estanqueidade e illamento térmico entre carpintaría e obra, mediante aplicación dunha espuma adhesiva autoexpansiva elástica de poliuretano e a substitución da carpintaría exterior acristalada por carpintaría de aluminio con rotura de ponte térmico con vidro dobre de baixa emisividade térmica.

Tamén se colocou unha nova luminaria circular central, con lámpada LED suspendida, e outras luminarias LED de apoio. Ademais, instalouse un sistema de bomba de calor, con catro unidades interiores de aire acondicionado, e rehabilitouse enerxeticamente a fachada e o falso teito continuo a través dun illamento termoacústico de lá mineral.