A VERDADE DA CESIÓN DA N-634 Ó SEU PASO POR PONTE CARREIRA
10 de agosto de 2026 - O Concello de Frades leva pedindo o arranxo da estrada e beirarrúas da N634 ó seu paso por Ponte Carreira dende fai mais de 15 anos.
O goberno de Mariano Rajoy, no ano 2018, comprometeuse a levar a cabo o proxecto presentado polo concello para o arranxo da estrada nacional e das beirarrúas ó seu paso por Ponte Carreira. Promesa que non puido cumprir pola moción de censura do PSOE.
Dende aquela fixéronse varias reclamacións por este motivo, aprobadas en pleno. Por fin o ministerio, fai 6 meses contestou que nos cedía a N634 pero sen ningún tipo de prestación, é dicir no estado actual, que implica isto?: Que o concello tería que poñer case que 1 millón de euros no arranxo dunha estrada que non é súa. O pleno rexeitou a cesión nestas condicións, cos votos a favor do PSOE de Frades.
Por iso o equipo de goberno pide seriedade e rigor ó grupo socialista, en temas tan importantes para o presente e o futuro do concello, como é a cesión da N634 ó seu paso por Ponte Carreira.
O grupo de goberno non vai entrar en batallas electoralistas e oportunistas, que cambiou dende fai 6 meses? O delegado do goberno ate o de agora non fixo nada e agora que é candidato amosa interese, pero non como delegado, isto chamase vender fume.
E o PSOE de Frades con medias verdades nas redes sociais pretende sacar rédito político dunha nefasta xestión do seu ministerio.
Nós estamos para gobernar e mellorar a vida dos veciños non para gastar os poucos recursos en tapar a deficiencias doutras administracións.
O Ministerio se está interesado en Frades, o que ten que facer é aprobar o proxecto do 2018, financialo e executalo. Despois o concello aceptará a cesión.