spacer
O XXIII Campionato de Pesca Infantil de Frades reuniu a 25 nenos e nenas en Papucín

A área recreativa da piscina municipal de Papucín acolleu este sábado a edición número 23 do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades. O evento reuniu a 25 nenos e nenas do municipio, que estiveron acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas.  

Durante o torneo, non competitivo, a rapazada capturou varios exemplares que puideron levar posteriormente as súas casas. Tras dunha boa xornada de pesca, todos eles tiveron a súa recompensa con medallas, agasallos e merenda, entregadas polo alcalde, Roberto Rey, quen estivo acompañado polos concelleiros de Piscina, Jesús Francos, e Ensino, Manuel Ferreiro. 

O XXIII Campionato de Pesca Infantil de Frades reuniu a 25 nenos e nenas en Papucín