Programa de turismo do IMSERSO
O Concello de Frades informa a todas as persoas pensionistas do municipio de que o IMSERSO abre o prazo paraq participar no Programa de Turismo 2026-2027, para aquelas persoas que non participaran neste programa en anos anteriores.
Poderán viaxar á zona costeira peninsular, zona costeira insular ou facer turismo de interior, coas seguintes actividades: circuítos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia e viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Poderán ser viaxes de 4, 8 ou 10 días.
A documentación necesaria é:
- DNI
- Xustificante da pensión
As solicitudes deberán presentarse nos Servizos Sociais Municipais antes do 10 de xullo de 2026.
Para máis información, Servizos Sociais do Concello de Frades ou no teléfono: 981 695 567.