Publicacións das valoracións provisionais das fases de oposición, méritos e ambas conxuntas na selección dos postos de funcionariado interino por proxecto do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego
O Concello de Frades, dentro do proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII", publica:
- Valoración provisional da fase de oposición
- Valoración provisional da fase de méritos
- Valoración provisional da fase de oposición e de méritos
Nos tres casos, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de dous días hábiles, desde o día seguinte á publicación do resultado da valoración, para presentar alegacións e solicitar a súa revisión ante o Grupo de Traballo Mixto.