Un grupo de 24 veciñas e veciños de Frades percorre os 19 km da oitava etapa do Camiño Portugués entre Caldas de Reis e Padrón
Un grupo de 24 veciñas e veciños de Frades percorreron este sábado a oitava etapa do Camiño Portugués pola costa, 19 quilómetros de dificultade baixa entre as localidades de Caldas de Reis e Padrón. A próxima etapa, entre Padrón e o Milladoiro (Ames), será a penúltima do percorrido e terá lugar o sábado 18 de xaneiro.
A expedición sairá en autobús da casa consistorial e o prezo da inscrición é de 15 euros por persoa (non inclúe xantar). As anotacións deben formalizarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567. Deste xeito, agárdase que en febreiro estea completado a sexta ruta xacobea percorrida pola veciñanza de Frades, dende que en 2017 comezaron co tramo do Camiño Francés para despois afrontar o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía, a Vía da Prata e o Camiño Inglés.