O Concello de Frades celebrará mañá mércores 17 de decembro, ás 12:30 horas, unha sesión extraordinaria para aprobar as solicitudes de bonificaci´no do IBI para inmobles nos que se desenvolvan actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario e que sexan declaradas de especial interese. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:

  1. Dación de conta setenza xuicio verbal 64/2024.
  2. Aprobación da solicitude de cesión gratuíta do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible para que este Concello obteña a titularidade do tramo da N-634a, entre os PP.KK. 688+755 e 690+345.
  3. Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI según solicitude de Gandeiría Silvestre, S.C.
  4. Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI según solicitude de O Terreo, S.C.
  5. Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI según solicitude de Gandería Rodríguez SAT 952 XUGA.