Concello de Frades e AGADER asinan un convenio para acometer melloras no Centro de Cultura Tradicional "A herdanza do pasado"
O Concello de Frades e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) veñen de asinar un convenio de colaboración para o proxecto senlleiro de melloras no Centro de Cultura Tradicional "A herdanza do pasado", emprazado no edificio Multiúsos.
O investimento das actuacións previstas, a desenvolver polo Concello de Frades, ascende a 48.398,86 euros, que serán asumidas polas partes asinantes do convenio segundo as porcentaxes que se indican a continuación:
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: 38.719,09 euros (80%).
- Concello de Frades: 9.679,77 euros (20%).
Este investimento distribuirase en dúas anualidades:
- Anualidade 2025: 4.982,06 euros.
- Anualidade 2026: 43.416,80 euros.
Así, nesta anualidade 2025 executouse o mural artístico que se pode ver na fachada do Edificio Multiúsos José María Botana, que se amosa a continuación: