Sesión plenaria ordinaria do mes de setembro
O Concello de Frades celebrará este xoves 25 de setembro, ás 12:30 horas, unha sesión plenaria ordinaria de acordo coa seguinte Orde do Día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 31 de xullo de 2025
- Aprobación da adhesión ao convenio marco en materia de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos; ao convenio marco en materia de pilas e acumuladores; e ao convenio marco en materia de residuos de envases domésticos de vidro dun so uso.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións
- Dación de conta de asuntos económicos
- Mocións de urxencia
- Rogos e preguntas