spacer
Manuel Rey Alvela e Dani Quinteiro gañan o Campionato de Pádel do Concello de Frades por segundo ano consecutivo

Manuel Rey Alvela e Dani Quinteiro proclamáronse campións da edición número dezaséis do Campionato de Pádel do Concello de Frades, no que participaron oito parellas de xogadores e que tivo lugar a cabalo entre a pista municipal de Papucín e a de Abellá, debido ás inclemencias do tempo. 

O torneo disputouse baixo o sistema de liguiña, en tres grupos ao mellor de cinco xogos, pasando ás semifinais os tres campións de grupo e o mellor segundo. A superioridade da parella formada por Rey e Quinteiro xa se amosou na liguiña, onde venceron os seus dous partidos por 5-0. Tras superar comodamente as semifinais cun contundente 6-1, derrotaron na final á parella formada por Fran Carro e Ramón de la Fuente por un dobre 6-2.

O concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foi o encargado de entregar os trofeos ás dúas parellas finalistas. Un acto que tivo lugar na pista de pádel cuberta de Abellá, xa que as malas condicións climatolóxicas obrigaron a trasladar tanto a segunda semifinal como a gran final da pista municipal de Papucín (ao aire libre) ás instalacións no polideportivo municipal de Abellá.

Manuel Rey Alvela e Dani Quinteiro gañan o Campionato de Pádel do Concello de Frades por segundo ano consecutivo