O Concello de Frades celebrará mañá xoves 30 de novembro, ás 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro de 2023. Unha sesión que terá lugar no salón de plenos e de acordo coa seguinte orde do día:

  1.  Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 28-09-2023.
  2. Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI.
  3. Aprobación da elección Xuiz de Paz Concello de Frades
  4. Aprobación da Política de Seguridade da Información do Concello de Frades.
  5. Aprobación da interposición de accións civis en defensa de titularidade municipal.
  6. Aprobación do expediente de Conservación, Protección e Defensa do Patrimonio. Recuperación en vía administrativa de bens das Entidades Locais
  7. Decretos da Alcaldía e comunicacións.
  8. Dación de conta de asuntos económicos.
  9. Mocións de urxencia.
  10. Rogos e preguntas