spacer
Obradoiro dual de Emprego "Mancomunidade Ordes III"

O Concello de de Frades informa de que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia acaba de concederlle á Mancomunidade de Municipios de Ordes un novo obradoiro dual de emprego denominado "Mancomunidade Ordes III". O obradoiro terá unha duración de 12 meses e está dirixido a persoas desempregadas dos sete municipios que integran a Mancomunidade maiores de 18 anos e que cumpran cos requisitos para os certificados de nivel 2.

As modalidades que se impartirán son:

  • EOCB0311 Pintura industrial en construcción
  • MAMR0108 Montaxe de mobles e elementos de carpitnería

A solicitude de participación no obradoiro pode realizarse de modo telemático a través da Oficina de Emprego de Galicia ou presencialmente na Oficina de Emprego de Ordes antes do 25 de outubro