spacer
Frades celebra mañá xoves un pleno extraordinario e urxente para aprobar as bonificacións do IBI

O Concello de Frades celebrará mañá xoves 30 de decembro, ás 14:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria e urxente para aprobar as bonificacións do 95% da cota íntegra do IBI a aqueles inmobles nos que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias e gandeiras pertencentes ao sector primario. Debido ás condicións sanitarias actuais da pandemia Covid-19, a sesión terá lugar sen público.