O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dunha persoa tractorista e 7 peóns/peoas forestais ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2021 (BOP nº 2010 de 9 de decembro de 2020 da Deputación da Coruña).

A contratación destas 8 persoas realizarase por un período de 4 meses, cunha xornada laboral completa de 8 hora diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego antes do 29 de marzo, data na que o Concello presentará a oferta solicitando candidatos/as para a súa selección.