spacer
Área Recreativa Os Pasos (Aiazo)

Podemos atopala en Aiazo, á beira do río Tambre. Esta área recreativa é unha das máis fermosas do concello e conta con varios servizos como amplo aparcamento, "Taberna", aseos, parque e incluso unha pista polideportiva inaugurada recentemente. Esta área conta tamén cun amplo merendeiro equipado con varias barbacoas e innumerables mesas, así como unha ponte cruzando o río Tambre, e unha paisaxe que invita ao paseo. Podemos encontrar aquí tamén o inicio da ruta de sendeirismo.

Área Recreativa Os Pasos (Aiazo)

Área Recreativa Os Pasos (Aiazo)