spacer
O Concello de Frades convida á rapazada a participar no xogo "A busca dos ovos de Pascua"

O Concello de Frades organiza "A busca dos ovos de Pascua", un divertido xogo dirixido a nenos e nenas de ata 12 anos empadroados en Frades. O xogo, organizado en colaboración con Vagalume Ocio e Tempo Libre, consiste en atopar os 13 ovos perdidos polo coelliño Frady na súa visita a Frades.

 Para participar só hai que enviar un whatsapp ao teléfono 699 639 700 (Cris) antes das 22:00 horas do domingo 28 de marzo co nome, apelidos, idade e parroquia da crianza que vaia participar. A partir do luns 29 de marzo recibirás no teu teléfono as pistas para atopar os 13 ovos, repartidos polas 12 parroquias do Concello. Se descifras as pistas, deberás ir sacar unha foto co amigo ou amiga de Frady que te estará agardando nese lugar.

Unha vez feitas as 13 fotografías, deberás envialas ao mesmo número de whatsapp para recibir unha derradeira pista sobre onde e cando recoller o teu premio (para así evitar aglomeracións nestas datas de alerta sanitaria). Tes ata as 22:00 horas do venres 2 de abril para atopar os 13 ovos e enviar as correspondentes fotos.

Máis información no documento adxunto ou facendo clik neste enlace.