spacer
O Concello de Frades abre o prazo de inscrición nos seus campamentos gratuítos de conciliación para esta Semana Santa

O Concello de Frades abre hoxe luns o prazo de inscrición nos seus Campamentos de Conciliación de Semana Santa, que serán de balde e terán lugar os días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril, en horario de 9:30 a 13:30 horas no pavillón municipal de Ponte Carreira. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas escolarizados ata 14 coa que “buscamos axudar a conciliar ás nosas familias, organizando grupos reducidos que poidan desfrutar de xogos, obradoiros, actividades deportivas e moitas sorpresas, sempre cumprindo con todas as medidas anticovid”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 25 de marzo no Concello de Frades ou a través do teléfono 981 695 567. O número de prazas é limitado, polo que a admisión terá lugar por orde de inscrición, con preferencia para persoas empadroada. Uns campamentos para os que o Concello de Frades conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade.