spacer
A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, nas áreas recreativas da Presa e Os Pasos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, nos concellos de Frades e O Pino. Unha actuación que o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, lle solicitara á conselleria de Infrestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, nunha entrevista mantida a principios deste ano.

Estas tarefas estanse levando a cabo na contorna da praia fluvial A Presa, nas parroquias de Ledoira e Pastor, e na zona da área recreativa Os Pasos-Aiazo, nas parroquias de Aiazo e Lardeiros, nos concellos de Frades e O Pino. Os traballos consisten na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte. A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre, nas áreas recreativas da Presa e Os Pasos