O Concello de Frades celebrará mañá xoves 4 de abril, a partir das 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria na que se aprobarán os Orzamentos Municipais para 2024. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 23-01-2024 e da acta da sesión extraordinaria de data 07-02-2024.
  2. Aprobación da Ordenanza Fiscal reguladora de taxa por prestación de servizos de dirección de obra, pola coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras.
  3. Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
  4. Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora dos servizos sociais especializados, podoloxía, perruquería, fisioterapia.
  5. Aprobación da solicitude de compatibilidade persoal laboral fixo.
  6. Aprobación definitiva da recuperación en vía administrativa de bens da Entidade Local.
  7. Aprobación do orzamento 2024.
  8. Decretos da Alcaldía e comunicacións.
  9. Dación de conta de asuntos económicos.
  10. Moción PSG PSOE
  11. Mocións de urxencia.
  12. Rogos e preguntas.