spacer
Vinte veciños e veciñas de Frades participan nun Curso de Horta Ecolóxica

Unha vintena de veciños e veciñas de Frades participaron nun curso de horta ecolóxica de 20 horas lectivas celebrado no multiúsos de Frades. Unhas sesións nas que aprenderon a coñecer as plantas e as súas funcións, as propiedades do chan e como controlar as pragas, enfermidades e malas herbas... todo dun xeito natural e ecolóxico. O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, asistiu á sesión inaugural e destacou a boa acollida que ten este tipo de formación, que o Concello de Frades leva convocando nos últimos dez anos.

Vinte veciños e veciñas de Frades participan nun Curso de Horta Ecolóxica