spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Vitre)

Igrexa na honra de San Xoán, situada, como é habitual neste concello, nun contorno rural. Esta igrexa presenta planta rectangular dunha soa nave, formada por tres corpos a distintas alturas, que confiren un aspecto graduado ao conxunto. En canto ao estado de conservación, foi engadido recentemente o revestimento, e actualmente foi pintada de cor branca. As cubertas dos tres corpos son de tella curva a dúas augas. No interior atopamos un coro elevado nos pés e o presbiterio sobreelevado con respecto á nave.

En canto á decoración, temos a espadana rematada en pináculos, situados no eixo central de fachada, unha constante nas igrexas analizadas nesta zona.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Vitre)

Localización